Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do PAU O Troncal (nova aprobación inicial deixando sen efecto a anterior de data do 3 de novembro de 1994).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 3 de maio de 1995, programa de actuación urbanística do troncal (3017/411), formulado polo Concello de Vigo e redactado polo arquitecto Arturo Fraga Fernández, deixando sen efecto a aprobación inicial acordada o 3 de novembro de 1994, coss seguintes observacións:

a) A parcela A, que é onde se localiza o 15% de aproveitamento municipal, poderá ter un uso dotacional.

b) Que se estudie a posibilidade de situar en superficie prazas de aparcamento.

c) Incluí-la execución do vial que conecta con San Xoán Poulo na primeira fase.

Sométese a información pública polo prazo de un mes con anuncios do Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 11 de maio de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde