Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle da ordenación da unidade de execución U.E.1, sita na Lagoa (Sobradelo).

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, con data do 31 de marzo de 1995, o estudio de detalle da ordenación de unidade de execución U.E.1 delimitada nas normas subsidiarias desta concello, sita na Lagoa (Sobradelo); presentado pola entidade Gestión y Desarrollo Urbano, S.A., e redactado pola arquitecta Viviana Morote, sométese, para efectos de exame e presentación das alegacións procedentes, a información pública polo prazo de quince días, con anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, diario La Región e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados, especialmente ós propietarios contiguos á parcela.

Carballeda de Valdeorras, 5 de maio de 1995.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa-presidenta