Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1995 pola que se modifica a hora de comezo do II Seminario galaico-bonaerense sobre Estado autonómico e federalismo.

Por dificultades imprevisibles xurdidas con posterioridade á data da súa convocatoria, faise saber que a hora de comezo do II Seminario galaico-bonaerense sobre Estado autonómico e federalismo será ás 16 horas do día 28 de xuño de 1995, en vez das 9 horas da mañá como se anunciaba no DOG nº 107, do 6 de xuño de 1995, e rematará ás 19 horas do xoves, día 29 de xuño.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1995.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director