Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995, da Secretaría Xeral de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se acorda notificarlle a Antonio Janeiro Pan, co DNI 35.252.141, a liquidación dos haberes por non se ter incorporado ó seu destino.

Ó ser imposible notificar a través do correo ó interesado, por encontrase ausente do seu domicilio, a resolución pola que se lle comunica a liquidación de haberes, acórdase a súa notificación mediante a publicación da referida resolución que se xunta

como anexo no Diario Oficial de Galicia e por medio de anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Esta delegación procedeu á revisión dos seus haberes, comprobándose que se lle aboaron as retribucións correspondentes ó período seguinte:

Ano 1992: outubro, novembro, decembro.

Ano 1993: xaneiro, febreiro.

Dado que vostede, a partir do 30-9-1992 non devengou haberes por cesar nesa data, en virtude de non terse incorporado ó seu destino.

Efectuada a liquidación correspondente, de conformidade co disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 10 de maio de 1993 e do 10 de xaneiro de 1992 polas que se dictan normas sobre a confección de nóminas de persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1993, resulta que se lle acreditaron haberes indebidamente segundo se detalla:

Concepto: meses citados arriba.

Integro: 1.331.955.

IRPF: 244.733.

Pasivos: 58.418.

Muface: 21.869.

Líquido: 1.006.935.

Tendo en conta que no seu día foille transferida e que non lle correspondía o cobro da cantidade indicada, procede que no prazo de un mes a contar desde a data de recepción da presente liquidación, efectúe vostede o reintegro, ingresando o importe líquido de 1.006.935 ptas. na conta número 31100041/2 da Caixa Galicia, a nome da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, debendo remitir, de seguido, xustificante do ingreso á Sección de Nóminas para lle da-lo trámite oportuno.

Transcorrido o prazo indicado, se non se produciu o reintegro, comunicarao esta delegación a Consellería de Economía e Facenda, para efectos do establecido pola Orde do 27 de decembro de 1990 (DOG do 7 de febreiro de 1991) sobre reintegro de pagamentos indebidos.

Contra a presente liquidación, se é o caso, poderá formular alegacións no prazo de 15 días a partir da recepción da presente, de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 13 de decembro de 1994.

Francisco Pérez Rivas

Delegado provincial da Coruña