Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xuño de 1995 pola que se anuncian as probas de ingreso para o curso académico 1995/1996 no INEF de Galicia.

De conformidade coa lexislación vixente, convócanse prazas para cursar estudios da licenciatura en Educación física de acordo coas seguintes,

BASES:

Primeira.-Número de prazas.

O número de prazas para cursar estudios no INEF de Galicia será de 160.

Segunda.-Acceso ó INEF de Galicia.

Conforme o establecido no Real decreto 1005/1991, do 14 de xuño, polo que se regula os procedementos para ingreso nos centros universitarios e de acordo coa normativa aprobada pola Xunta de Goberno da Universidade da Coruña, establécense as normas que a continuación se especifican e que rexerán no curso 1995/1996 o ingreso dos alumnos no INEF de Galicia.

1. Baremo de méritos:

A) Considéranse méritos preferentes os seguintes, (trataranse en pé de igualdade):

A.1. Alumnos que cursaron COU en centros situados en Galicia.

A.2. Alumnos que xustifiquen documentalmente o cambio de residencia. Para tal fin deberán estar empadroados en calquera localidade de Galicia, con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1995, así como aqueles alumnos que xustifiquen debidamente o seu cambio de residencia a calquera localidade galega.

A.3. Alumnos que inician por primeira vez estudios universitarios, non existindo estudios de INEF na súa comunidade autónoma de orixe, e que desexen cursalos no INEF de Galicia.

A.4. Alumnos estranxeiros ou ben españois residentes no estranxeiro que superaron as probas de acceso á universidade convocadas pola UNED e solicitaron como primeira opción as universidades de Galicia.

B) Será preceptivo reserva-las porcentaxes que a continuación se indican. Os aspirantes que estean incluídos nestas porcentaxes, para ingresaren no INEF de Galicia teñen que superar, entre outros requisitos, as 5 probas de aptitude para a actividade

física e o deporte, agás nos casos sinalados a continuación de forma explícita:

B.1. Un 5% para deportistas de alto nivel (artigo 52 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte), a criterio do tribunal cualificador vista a proposta do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os aspirantes referidos no parágrafo anterior, e segundo o disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, están dispensados de realiza-las probas de aptitude para a actividade física e o deporte.

B.2. Un 5% das prazas para aqueles que acrediten estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente e desexen iniciar estudios no INEF de Galicia. (Artigo 7 do Real decreto 1005/1991, do 14 de xuño, polo que se regulan os procedementos para o ingreso nos centros universitarios).

B.3. Un 5% de prazas para alumnos de nacionalidade estranxeira, excluídos os nacionais dos estados membros das Comunidades Europeas, que no curso precedente superaran as probas de acceso ás universidades españolas e procedan de países que apliquen o principio de reciprocidade nesta materia para os alumnos españois.

B.4. Conforme o establecido no Real decreto 1060/1992, do 4 de setembro, reservarase un 3% das prazas para aqueles alumnos que teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ó 65%, ou perda total da fala ou da audición, que soliciten iniciar estudios no INEF de Galicia.

Achegarán coa súa documentación a certificación oficial de minusvalidez, e manifestarán expresamente na súa instancia dirixida ó director do INEF o seu desexo de acceder ó centro como minusválidos.

Tódolos aspirantes aludidos no parágrafo anterior están dispensados de realiza-las probas de aptitude para a actividade física e o deporte. Polo contrario, aqueles que non poidan acredita-las condicións aludidas anteriormente deberán realizar a proposta do tribunal as probas de aptitude para a actividade física e o deporte de forma adaptada individualmente.

O tribunal poderá modifica-los protocolos e baremos das probas, tendo en conta as características teórico-prácticas dos estudios de educación física e tendo en conta a posible adaptación deles ós casos que poidan presentarse.

As prazas referidas neste apartado serán ocupadas prioritariamente polos aspirantes que reúnan as condicións sinaladas no real decreto mencionado anteriormente.

B.5. As prazas que non resulten cubertas nos epígrafes B.1., B.2., B.3, B.4, pasan a completa-la cota de 160 prazas.

C) Prioridade para a adxudicación das prazas.

A adxudicación das prazas efectuarase conforme a seguinte orde de prelación:

-En primeiro lugar teranse en conta as solicitudes daqueles alumnos que aprobaran as probas de apti

tude para o acceso á universidade na convocatoria de xuño do ano que corre ou en convocatorias de cursos anteriores, as daqueles alumnos que acrediten que superaron as probas de madurez no curso preuniversitario, con anterioridade ó curso 1974/1975 ou o bacharelato por plans anteriores ó de 1953.

-En segundo lugar teranse en conta as solicitudes daqueles alumnos que aprobaran as probas de aptitude para o acceso á universidade na convocatoria de setembro do ano que corre, ou a segunda convocatoria de probas de aptitude para o acceso á universidade, que realiza anualmente a Universidade Nacional de Educación a Distancia.

D) Aplicacións de prioridades e méritos.

Conforme o artigo 7 do Real decreto 1060/1992, do 7 de setembro, pola que se modifica o Real decreto do 14 de xuño, polo que se regulan os procedementos para o ingreso nos centros universitarios.

D.1. As prazas sinaladas nos apartados B.1, B.2, B.3 e B.4, en ningún caso se poderán adxudicar a aspirantes cunha cualificación inferior á acadada como mínima para obter praza no INEF.

D.2. No caso de seren superiores as solicitudes ó número de prazas, nos supostos sinalados nos apartados B.1, B.2, B.3, B.4., a ordenación e adxudicación delas realizarase de acordo cos criterios de mérito e prioridade expostos no punto 2.1.

Terceira.-Solicitude ingreso.

1. Normas de inscrición.

As persoas que desexen tomar parte nas probas de ingreso cursarán a súa solicitude utilizando os impresos normalizados, dirixidos ó director do INEF de Galicia, de acordo cos prazos sinalados nas presentes bases. Os impresos normalizados, as bases da convocatoria, as instruccións de matrícula e os anexos da presente orde, poden recollerse nos seguintes lugares:

-Secretaría do INEF de Galicia. Pazo de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña). Teléfono: (981) 62 62 11

-Servicios centrais da Secretaría Xeral para o Deporte. Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, Teléfono: (981) 54 26 47 e 54 26 20.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Complexo deportivo de Elviña (O Birloque) A Coruña. Teléfono: (981) 10 24 43.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Rúa Vilalba, 1 Lugo, Teléfono: (982) 25 00 07.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Avda. da Habana, 105- 5º, Ourense. Teléfono: (988) 38 60 44.

-Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Padre Fernando Olmedo, 3, Pontevedra Teléfono: (986) 86 11 17.

-Servicio Local da Secretaría Xeral para o Deporte. Rúa México, 41-43, 1º Esqda. Vigo. Teléfono: (986) 48 15 34.

-Rectorado da Universidade da Coruña, Pº da Mestranza, s/n, A Coruña. Teléfono: (981) 20 44 04.

-Rectorado da Universidade de Vigo. Rúa Porto, 1. Vigo, Teléfono: (986) 81 36 07.

-Centro de Orientación e Información Estudiantil, pavillón estudiantil. Campos Universitario de Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 56 31 00, ext. 2219

2. Os aspirantes entregarán as solicitudes nas oficinas do INEF de Galicia, persoalmente ou ben a través de correo certificado. Será de aplicación o artigo 34.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común dentro dos prazos sinalados e de acordo coas seguintes condicións:

3. A documentación que deberár presentar será a seguinte:

a) Solicitude dirixida ó director do INEF de Galicia en impreso normalizado.

b) Os aspirantes deberán engadir unha certificación da súa situación académica mediante un dos seguintes certificados:

b.1. Certificado das cualificacións obtidas nas probas de aptitude para o acceso á universidade, xunto coas cualificacións obtidas nos distintos exercicios e a cualificación final.

-A aqueles que se presenten ás probas de aptitude para o acceso á universidade ou ás respectivas de COU e selectividade na convocatoria oficial de setembro do mesmo ano, admitiráselle-la inscrición, condicionada á presentación da anterior documentación.

b.2. Certificado acreditativo de estar en posesión da titulación académica necesaria para que permita o acceso a calquera facultade ou escola técnica superior xunto co expediente académico correspondente.

b.3. Certificado oficial de ter superadas as probas de acceso a universidade para maiores de 25 anos, se é o caso.

c) Tarxeta de exame debidamente cuberta, cunha fotografía adherida.

d) Fotocopia do DNI compulsada.

e) Certificado médico expedido no impreso oficial do colexio de médicos en data recente (máximo dous meses) no que se faga constar literalmente que «non existe ningún tipo de contraindicación que impida o normal desenvolvemento da súa actividade docente e a realización de probas físicas de máximo esforzo».

f) Resgardo de ter aboado os dereitos de exame, que se realizará a través da entidade bancaria: Caixa de Aforros de Galicia conta número 311.000.184/0 mediante impreso contable para tal efecto.

g) Un sobre tamaño cuartilla, franqueado e co enderezo habitual do aspirante.

h) Os aspirantes incluídos no epígrafe b.1 deberán:

h.1. Solicitar expresamente na instancia dirixida ó director do INEF (apartado a) o seu desexo de accederen ó devandito centro como deportistas de alto nivel.

h.2. Xuntar historial e currículum deportivo certificado pola federación galega ou española correspondente.

Cuarta.-Dereitos de exame.

O importe dos dereitos de exame será o que estea vixente no momento de realiza-la inscrición.

Os que acrediten pertencer a familia numerosa de 1ª categoría, aboarán o 50% dos dereitos de exame.

Os que acrediten pertencer a familia numerosa de 2ª categoría ou de honra, están exentos de aboa-los dereitos de exame.

Quinta.-Prazos de inscrición.

O prazo de inscrición será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG. Posteriormente faranse públicas as listas provisionais de admitidos no taboleiro de anuncios do centro, e abrirase un prazo de reclamación de 10 días naturais a partir do que se publicarán as listas definitivas.

Sexta.-Probas de acceso.

1. Con dez días de antelación como mínimo no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia publicarase o regulamento das probas de acceso, polo que se rexerán as súas condicións e desenvolvemento.

2. As probas de acceso celebraranse nas instalacións do INEF de Galicia.

Cunha antelación suficiente, publicarase a composición do tribunal que xulgará as probas, no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia, que incluirá os correspondentes grupos de alumnos que deberán presentarse a elas, e as datas de celebración.

As probas realizaranse en dúas quendas:

a) Á primera quenda accederán os aspirantes que soliciten ser admitidos nalgún grupo de reserva.

b) Á segunda quenda accederán os aspirantes que soliciten ser admitidos nas prazas ordinarias.

Os aspirantes soamente poderán realiza-las probas de aptitude para a actividade física e o deporte nunha das quendas aludidas anteriormente.

Previamente á celebración da segunda quenda deberá publicarse no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia a lista provisional de admitidos da primeira quenda.

3. Puntuacións.

Para obter praza no INEF de Galicia, o aspirante terá que acada-la cualificación de APTO en cada unha das cinco probas do primeiro exercicio, independentemente da quenda na que se fixeron as probas, aplicando posteriormente os criterios de valoración a que se refire o apartado sexto 3.2. da presente orde.

No caso de superarse a cifra de l60 admitidos, motivado por empate nas puntuacións o tribunal resolverao ampliando o número de prazas.

3.1. Primeiro exercicio.

Consistirá na realización de 5 probas de aptitude para a actividade física e o deporte, cunha cualificación de apto ou non apto, conforme o baremo que se recolle no anexo I da presente orde.

Este primeiro exercicio realizarase en tres bloques:

1. Bloque. Proba de adaptación ó medio acuático.

2. Bloque. Proba de habilidade físico-deportiva, que constará de tres partes, podéndose modifica-la súa orde en función das necesidades de organización das probas:

-Axilidade no chan.

-Carreira de obstáculos (esta proba realizarase no interior).

-Axilidade co balón.

3. Bloque. Resistencia cíclica.

Cando o rendemento do aspirante nunha proba sexa interferido por motivos alleos á súa vontade, de oficio e a xuízo do tribunal o aspirante poderá repeti-la proba.

3.2. Cualificación definitiva obtida na proba de aptitude para o acceso á universidade.

Para os alumnos que superasen as probas de aptitude para o acceso ás facultades, escolas técnicas superiores e colexios universitarios, os que acrediten estudios que teñan recoñecido o acceso directo ós centros universitarios anteriormente citados, e os que teñan superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos, a cualificación será tomada da cualificación definitiva das probas de aptitude para acceso á universidade ou, se é o caso, da nota media de COU realizado en cursos anteriores ó de 1974/1975. A que, tendo recoñecido o acceso directo á universidade, non poida acreditar unha cualificación numérica, aplicaráselle a puntuación de 5,5 puntos.

Sétima.-Admitidos e matrícula definitiva.

Oportunamente publicarase a relación provisional de admitidos, abríndose un prazo de dez días naturais para posibles reclamacións, e posteriormente farase pública a relación definitiva de admitidos no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia.

A matrícula definitiva dos aspirantes admitidos quedará condicionada, en todo caso, á constatación e aprobación da documentación presentada nas condicións esixidas.

Oitava.-Tribunal.

O tribunal que avaliará as probas de aptitude para o ingreso no INEF de Galicia, será nomeado polo rector da Universidade da Coruña, por proposta do director do Centro.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Baremo das probas de aptitude para a actividade física e o deporte.

1. Adaptación ó medio acuático.

Obterán a cualificación de apto os aspirantes que acaden un tempo igual ou menor e:

-Homes: 46 segundos.

-Mulleres: 49 segundos.

2. Axilidade no chan.

Obterán a cualificación de apto os aspirantes que acaden unha puntuación igual ou superior a 8,00 puntos.

3. Carreira de obstáculos.

Obterán a cualificación de apto os aspirantes que acaden un tempo igual ou menor a:

-Homes: 8 segundos e 75 centésimas, cronometraxe eléctrica (8,90 manual).

-Mulleres: 10 segundos e 40 centésimas, cronometraxe eléctrica (10,55 manual).

4. Axilidade co balón.

Obterán a cualificación de apto os aspirantes que acaden un tempo igual ou menor a:

-Homes: 1 minuto e 35 segundos.

-Mulleres: 2 minutos e 25 segundos.

5. Resistencia cíclica.

Obterán a cualificaión de apto os aspirantes que acaden un tempo igual ou menor a:

-Homes: 9 minutos.

-Mulleres: 11 minutos e 10 segundos.