Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.935

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de febreiro de 1995 sobre condicións técnicas e procedemento para a execución e posta en servicio de instalacións individuais que utilizan gasóleo C como combustible e a potencia de calefacción estea comprendida entre 6 e 60 kW e/ou a capacidade máxima de almacenamento de dito combustible sexa de 5.000 litros.

Advertidos erros no texto da dita orde, publicada o 24 de marzo de 1995 no Diario Oficial de Galicia nº 59, páxinas 2.200 e 2.214, transcríbense a continuación as correccións oportunas:

-No artigo 2º.-Ámbito de aplicación, primeiro parágrafo, onde di: «As normas contidas na presente orde serán de aplicación ás instalacións de calefacción e usos nas industriais que utilizan gasóleo C como combustible e dos que a potencia de calefacción esté comprendida entre 6 e 60 kW e a capacidade máxima de almacenamento do dito combus

tible sexa de 5.000 litros», debe dicir: «As normas contidas na presente orde serán de aplicación ás instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e usos non industriais que utilizan gasóleo C como combustible e dos que a potencia de calefacción estea comprendidda entre 6 e 60 kW e/ou a capacidade máxima de almacenamento do dito combustible sexa de 5.000 litros».

-No anexo I, punto 2.2., segundo parágrafo, onde di: «en chapa de aceiro de 4 m como mínimo», debe dicir: «en chapa de aceiro de 4 mm, podendo considerarse espesores inferiores sempre que se xustifique tecnicamente».

-No anexo I, punto 3, apartado 3.1 na quinta liña, onde di: «de espesor mínimo de 300 m», debe dicir: «de esposor mínimo de 300 mm».

-No anexo I, punto 3, apartado 3.2, sétimo parágrafo, onde di: «A distancia entre o foco de calor e o depósito debe ser como mínimo de l.000 mm», debe dicir: «A distancia entre o foco de calor e o depósito debe de ser como mínimo de 1.000 mm ou 2.000 mm se a capacidade de almacenamento é superior a 150 l».

Engadirase un último parágrafo co seguinte texto: «Sempre que se instalen depósitos de dobre parede con control de estanqueidade, non será necesaria a instalación de cubeto».

-No anexo II, na páxina 2.209, o cadro resumo de tramitación deberá substituírse polo seguinte:

-No anexo II, páxina 2.210, no primeiro parágrafo, onde di: «Certificado da instalación de gasóleo C para calefacción e auga quente sanitaria de potencia comprendida entre 6 e 60 kW e almacenamento ata 5.000 litros», debe dicir: «Certificado de instalación para calefacción, climatización e auga quente sanitaria».