Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de maio de 1995, da Xefatura Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación, con designación de instructora e secretaria e prego de cargos, dos expedientes sancionadores VP-C 4/94 e 10/94, incoados por infracción da normativa vixente en materia de vivendas de protección oficial e devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación e o prego de cargos dos expedientes sancionadores, por infracción do Regulamento de vivendas de protección oficial.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Elena Barba Pan e secretaria, a Carmen Pombo Chans.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

A Coruña, 2 de maio de 1995.

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: VP-C 4/94.

Denunciada: Mª Ángeles Varela Pérez.

Último domicilio coñecido: edificio residencial Europa 1.2 Portal A-3º, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Feito denunciado: realizar obras en elementos comúns sen autorización do IGVS.

Precepto infrinxido: artigo 153.B.12 do Regulamento de vivendas de protección oficial.

Precepto sancionador: artigo 153.B.12 do Regulamento do VPO.

-Expediente: VP-C 10/94.

Denunciada: Dulce Mª Calvo Suárez.

Último domicilio coñecido: edificio residencial Europa 1.2 Portal D-1º, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Feito denunciado: realizar obras en elementos comúns sen autorización do IGVS.

Precepto infrinxido: artigo 153.B.12 do Regulamento de vivendas de protección oficial.

Precepto sancionador: artigo 153.B.12 do Regulamento de VPO.