Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de abril de 1995, do Servicio Provincial da Coruña, pola que se notifican diversos trámites de expedientes de rehabilitación de vivendas unifamiliares no medio rural e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente número C-VR-686/1991 e sete máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, os trámites e resolucións dos procedementos seguidos á súa instancia que se sinalan naquel.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asite para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo de un mes contado a partir da publicación da presente cédula.

E para que conste, para os efectos de notificación ós interesados con domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 4 de abril de 1995.

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña