Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Obxecto do contrato: constitúe o obxecto do contrato a concesión administrativa da explotación dun ambigú propiedade municipal sito no pavillón municipal da Malata.

O ambigú dedicarase a bar, coas limitacións que para este tipo de locais establece a normativa vixente, especialmente no que respecta á venda de bebidas alcohólicas.

Tipo de licitación: non se establece un canon anual mínimo, quedando este á determinación dos licitantes nas súas ofertas.

A partir do segundo ano o canon sufrirá cada ano as variacións en máis ou en menos que marque no sucesivo o índice de prezos ó consumo publicado polo Instituto Nacional de Estatística, ata a consumación do contrato.

Duración do contrato: a duración do contrato de concesión administrativa fíxase en cinco anos.

Procedemento de selección: a selección de contratista efectuarase mediante concurso.

Proposicións e documentación: a proposición para tomar parte no concurso presentarase no rexistro xeral deste concello das 9 ás 13 horas, dentro dos vinte días hábiles seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de convocatoria regulamentario, en sobre ou carpeta pechada; no seu anverso deberá figura-la correspondente inscrición: «Proposición para tomar parte no concurso para a concesión da explotación dun ambigú sito no pavillón da Malata».

O prazo de presentación previsto no parágrafo anterior poderá ser ampliado no caso de que se presenten reclamacións ó presente prego.

A convocatoria publicarase no BOP, Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia dúas insercións discontinuas nun diario de maior circulación da Comunidade Autónoma e taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol. Anunciarase simultaneamente no BOP a exposición pública do presente prego (artigo 122 do texto refundido de réxime local).

O sobre, ademais da proposición debidamente cuberta de acordo co modelo inserido ó final deste prego, conterá a seguinte documentación:

a) Declaración xurada de non encontrarse o oferente incurso en ningunha causa de incompatibilidade ou incapacidade.

b) Poder notarial acreditativo da representación do oferente que non actuase no nome propio, debidamente verificado polo secretario da corporación.

c) Resgardo acreditativo de constituí-la fianza provisional.

d) Lista de prezos dos artigos que se van despachar, que terá que ser visada pola alcaldía, e igualmente cando se produza unha alza ou variación deles terá que sometela a aprobación da alcaldía antes da súa aplicación.

Garantía provisional: os licitadores, para tomaren parte no concurso, constituirán unha fianza provisional de importe de dez mil pesetas (10.000 ptas.).

Garantía definitiva: o adxudicatario, no prazo de quince días seguintes ó da notificación da adxudicación da concesión deberá constituí-la garantía ou fianza definitiva, que se fixa no 3% do canon anual. Poderá facerse tanto esta como a provisional ben en metálico ou mediante aval que se outorgará por banco oficial ou privado inscrito no Rexistro Oficial de Bancos.

Apertura de plicas: a apertura de plicas realizarase na Casa do Concello de Ferrol, ás 11 horas do día seguinte hábil a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. Se este día coincidise en sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

A celebración do acto licitatorio axustarase ó establecido no artigo 40 do Regulamento de contratación das corporacións locais.

O acto darase por rematado unha vez abertas as plicas, sen adxudicación provisional, e pasarase o expediente a informe dos servicios competentes da corporación ou, no seu defecto, ós que designe ela para que emitan informe acerca da maior ou menor vantaxe das proposicións presentadas e admitidas;

Gastos: corren por conta do concesionario os gastos a que se refiren as normas de contratación local (importe dos anuncios, etc.) necesarios para o outorgamento da presente concesión.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con domicilio en..., de ... anos de idade, con CIF nº..., en nome propio (ou en representación de...), fai constar:

1. Que solicita a súa admisión ó concurso convocado polo Concello de Ferrol segundo anuncio inserido no boletín oficial de..., de data..., para a concesión da explotación do ambigú propiedade municipal sito no pavillón municipal da Malata e dedicado á actividade de bar.

2. Que non se atopa incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que establecen os artigos 23 do Regulamento de contratos do Estado e normas concordantes.

3. Xunta documento acreditativo de ter prestada garantía provisional de...pesetas.

4. Acompaña a isto os demais documentos esixidos no prego de condicións.

5. Acepta plenamente os pregos de condicións deste concurso e cantas obrigas desta se deriven como concursante e como adxudicatario, se o fose.

6. Ofrece un canon de... pesetas.

... o... de... de...

O/A concursante.

Exposición do expediente.

Para calquera consulta relativa á presente licitación queda exposto ó público o expediente administrativo na Sección de Facenda e Patrimonio.

Ferrol, 7 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado