Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN, de erros.-Resolución do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, do expediente de servicios técnicos denominado colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Montecubeiro (Castroverde-Lugo) (LU/PR-506 e cinco máis).

Advertidos erros no texto da citada resolución (publicada no DOG nº 111 do 12 de xuño pasado) cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 4.380, no parágrafo primeiro do apartado de presentación e apertura de proposicións, onde di: «antes das 14 horas do día 14 de xuño

de 1995», debe dicir: «antes das 14 horas do día 14 de xullo de 1995».

Na páxina 4.380, no parágrafo segundo do apartado de presentación e apertura de proposicións, onde di: «ás 12 horas do día 26 de xuño de 1995», debe dicir: «ás 12 horas do día 26 de xullo de 1995».