Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade que se cita (expediente nº 003PR/94).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción da Lei 1/1993 do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por resultar descoñecido o domicilio dos interesados.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 31 de marzo de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: 003PR/94.

Denunciado: Casteleiro Licetti, Francisco.

DNI: 32.273.444.

Último enderezo coñecido: Seselle, 86-Ares.

Feito denunciado: incumpri-la Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Tipificación da infracción protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: artigo 7.2º.

Sanción proposta: 25.000 ptas.