Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 2441 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a peticion de autorización e decla

ración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Situación: Monte, Outeiro e Santa Xuliana, Castroverde.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica na zona.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, ó C.T. de Recesende, con orixe no apoio ó final da L.M.T. ó C.T. de Sta. Xuliana do Monte, e rematará no proxectado C.T. de Recesende, cunha lonxitude de 741 metros, e conductor LA-56/54,6 en apoios de formigón. Liña de media tensión a 20 kV, ó C.T. de Empalme, terá orixe no P32 da L.M.T ó C.T. Sta. Xuliana do Monte, e rematará no proxectado C.T. de Empalme, cunha lonxitude de 234 metros, con conductor LA-56/54,6 e en postes de formigón. Dous centros de transformación cunha potencia de 100 e 50 kVA, 20.000/380-220 V, tipo intemperie. As liñas de baixa tensión estarán executadas con conductores R.Z.-25-50-95, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, cunha lonxitude de 2.150 metros, no concello de Castroverde.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 14.100.000 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/ Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 31 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo