Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número: S.X.P.A.: IN407A 95/35-2, libro rexistro: 4292 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación da parroquia de Santa María do Burgo.

Situación: Muras.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 sobre torres metálicas, segundo RU-6704A, cunhas lonxitudes de 179, 687, 1.369, 10, 1.452, 14, 413, 40 e 1.112 metros. Os centros de transformación serán dunha potencia de 25,50 e 100 kVA sobre torre metálica ó final da L.M.T., con relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-25-50-95 e 150, tensado sobre postes de formigón ou grampado en fachada.

Orzamento: 87.665.120 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo