Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número: S.X.P.A.: IN407A 95/34-2, libro rexistro: 4291 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T. e C.T. para subministración repetidor Cuadramón.

Situación: O Valadouro.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 200 metros, con conductor LA-56, e con apoios metálicos. Centro de transformación de 50kVA. 20.000±5%-380/220 V.

Orzamento: 1.365.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo