Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican bandos arbitrais correspondentes ás demandas instruídas pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente 82/1994 e nove máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós demandados cos datos e últimos enderezos coñecidos sinalados no anexo desta cédula, os laudos arbitrais dictados pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaídos nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interporen recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días,

contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición do recurso de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados de enderezos descoñecidos, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes