Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número: S.X.P.A.: IN407A 95/32-2, libro rexistro: 4290 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en edificio Cantábrico.

Situación: r/Avda. da Mariña-Viveiro.

Características técnicas: liña media tensión subterránea a 20 kVA, cunha lonxitude de 193 metros e con cable DHB 15/25 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 1x400 kVA 20±5%-398-230 V.

Orzamento: 3.359.630 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo