Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas
pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.
En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións
número 311.500.007.9 da Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.
E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común (BOE número 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 25 de abril de 1995.
María Cruz Tomé Navas
Xefa do Servicio Provincial de Transportes
de Pontevedra