Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.917

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (340/1995).

A maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número catro dos da Coruña, Beatriz Rama Insua, en resolución do día da data, dictada en autos que se seguen neste xulgado co número 340/1995, sobre despedimento, por instancia de Otilia García García, contra a empresa Discoteca-Restaurante As Airas, acordou que se cite a representación legal desta, Francisco Martínez Peñalver, que tivo o seu domicilio en Bértoa-Carballo, hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que, acompañado de tódolos medios de proba de que se tente valer, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa Monforte nº 1, 1ª planta (edificio Novos Xulgados), co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente a render confesión xudicial no mesmo acto, podendo ser tido por confeso en caso de incomparecencia, e requírese, así mesmo, para que ó dito acto achegue a seguinte documentación: contratos de traballo, boletíns de cotización á Seguridade Social, partes de alta e baixa da Seguridade

Social, todo isto correspondente á duración da relación laboral.

O xuízo celebrarase o día 4 de xullo ás 12 horas.

Fáiselle saber que a copia da demanda se encontra ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

Advírteselle que as seguintes resolucións se lle notificarán nos estrados do xulgado, salvo aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral.

E para que lle sirva de cédula de citación a Francisco Martínez Peñalver, titular da Discoteca-Restaurante As Airas, expido esta cédula na Coruña, vintecatro de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado