Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.916

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (26/1995).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia do 17 de abril de 1995, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 26/1995, por instancia de José Quiñoy Eiras, representado polo procurador dos tribunais Avelino Calviño Gómez, para facer constar no Rexistro da Propiedade a prosecución do tracto sucesivo ininterrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa sinalada co número primeiro antigo e moderno da rúa dos Lagartos, parroquia de Santa María de Sar de Adentro, desta cidade, que se compón, pola súa fachada principal, de planta baixa coa súa porta de entrada pola dita rúa, compoñéndose a súa planta baixa dunha tenda con alcoba, un taboleiro para a rúa, cociña coa súa lareira, cheminea e vertedeiro, cunha ventá para a parte leste, cortello para porcos e escaleiras que dan paso para o piso alto que está á parte da horta composto de unha soa habitación cunha ventá para a parte leste, unha alcoba e un faiado. Tódolos marcos das portas e ventás son de cantería de gran ordinario, as madeiras de que se compón o piso, faiado e teito, son de castiñeiro, así como as divisións son de piñeiro; ocupa o fondo da dita casa con inclusión do espesor das súas paredes, dous cuartillos e un terceiro doutro, ou sexa, sesenta e dúas centiáreas, dezaoito decímetros, estando na planta baixa unha porta que dá saída para a horta da mesma pertenza, que se

encontra unida á dita casa cerrada e circundada sobre si a súa mensura dous cuartillos e medio, ou sexa, sesenta e dous decímetros, confinante todo isto polo norte, horta de Manuel Domínguez e José Casas; sur, casa número dous e horta de Gabriel Suárez Femández, leste, corredoira que vai para a Trisca e oeste, na expresada rúa.

Figura inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela a nome de Pedro Mosquera Pombo, por título de compra, segundo consta na inscrición primeira do predio 2767, que figura

no folio 128, do libro 72, tomo 125, datada do 14 de abril de 1879.

Polo presente edicto cítanse os herdeiros de Pedro Mosquera Pombo e a tódalas persoas ignoradas que poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto conveña ó seu dereito, conforme a pretensión formulada.

De acordo co disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

Rubricado