Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.916

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (355/1991).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 355/1991, se dictou a sentencia que ten como encabezado e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 18 de maio de 1993, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía seguido neste xulgado co número 355/1991, no que actuaron como demandante Francisca Margarita Suárez Argibay, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, actuando na súa condición de presidenta da comunidade de propietarios da casa número 4 da rúa Pérez Constantí, representada polo procurador dos tribunais José Paz Montero e defendida polo letrado Ángel Rebolledo Varela, e como demandados Joaquín Ruiz Brihuega e a súa esposa Carmen Mallo López, maiores de idade e veciños de Santiago de Compostela, representado o primeiro pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez e defendido polo letrado José Domínguez Noya, declarada rebelde a segunda, contra José Bouzas Ferreiro e a súa esposa Manuela Louzao Iglesias, maiores de idade e

veciños de Santiago de Compostela, representado o primeiro polo procurador Carlos Fernández Rial e defendido polo letrado Julio Daniel Quintáns Trenco; son tamén demandados Claudio Villanueva Quián e a súa esposa Mercedes Segade López, maiores de idade e veciños da Coruña, declarados rebeldes nas actuacións, e dirixíndose tamén a demanda contra toda persoa descoñecida que puidese ostentar algún dereito sobre o local sito no soto da casa nº 4 da rúa Pérez Constantí ou sobre a discoteca alí instalada.

Decido que, estimando a prescrición da acción, debo desestima-la demanda presentada e absolvo os demandados das pretensións deducidas, con imposición das custas á parte demandante.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación por ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado».

Para que conste e lle sirva de notificación a toda persoa descoñecida que puidese ostentar algún dereito sobre o local sito no soto da casa número 4 da rúa Pérez Constantí ou sobre a discoteca alí instalada, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado