Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.915

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (552/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co número 552/1993, por insultos, nos que con data vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco foi dictada pola Audiencia Provincial da Coruña sentencia en grao de apelación, cun encabezamento e resolución que son do teor literal seguinte:

«O presidente Julio César Cibeira Yebra-Pimentel, como tribunal unipersoal da sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou no nome de El-Rei a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, en xuízo de faltas número 552/1993, seguido por insultos, figurando como apelante Isidro Noya Fernández, representado polo procurador Tovar-Espada Pérez, e como apelados, Félix Míguez Baliñas, Marcos Dapena Calvo e o Ministerio Fiscal.

Fallo que estimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada o día 9 de maio de 1994 polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, na causa de que o presente rolo dimana, declaro nulo todo o actuado a partir do acordado no acto de xuízo do 4 de abril de 1994, repoñendo as actuacións a este trámite anterior, para que, con citación en legal forma do recorrente, demais partes e testemuñas, se proceda á celebración dun novo xuízo e se dicte a sentencia do modo que proceda en dereito. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

E líbreselle ó xulgado expresado certificación desta resolución, con devolución das dilixencias que remitiu, para a súa execución.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo, na Coruña o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco».

E para que lle sirva de notificación da sentencia recaída en grao de apelación a Félix Miguez Valiñas, o cal se encontra en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o once de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA