Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.915

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (269/1994-01).

María Fe Meitin Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 269/1994 por instancia de Laura Mariela Galli Santiago contra Fernando José Barcia Varela, nas actuacións do cal se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vinteún de abril de 1995, María Fe Meitin Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido, despois de ver en xuízo oral público o expediente de xuízo de faltas número 269/1994, sobre agresión e malos tratos, no que foron partes, como denunciantes, Laura Mariela Galli Santiago, maior de idade e veciña de Pontevedra, con domicilio na rúa Benito Corbal número 17, 2, Esq., e como denunciado, Fernando José Barcia Varela, maior de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, cunhas circunstancias persoais que constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido que absolvo libremente a Fernando José Barcia Varela da falta de que viña sendo inculpado

neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais causadas en primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e sirva de notificación a Fernando José Barcia Varela, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, once de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA