Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.914

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (123/1992-01).

María de la Fe Meitin Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que perante este xulgado do meu cargo se tramita xuízo de faltas número 123/1992, sobre agresión, por instancia de Tomás Fontán Portela e oito máis, contra eles, e nas actuacións a Audiencia Provincial da Coruña, resolvendo o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada nas presentes actuacións, dictou sentencia da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Número 19. O maxistrado Antonio Jesús Outeriño Fuente como tribunal unipersoal da sección terceira

da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela en xuízo de faltas número 123/1992, seguido por falta de lesións figurando como apelantes José Ramón Vázquez Castro e Domingo Sampedro Barreiro e como apelados o Ministerio Fiscal, Tomás Toumi Fontán, Antonio Sánchez Carro, José Sánchez Carro e Rafael Mosquera Macho-Quevedo e decido que desestimando os recursos de apelación interpostos, debo confirmar e confirmo a sentencia apelada dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela con data 16-3-1993 declarando de oficio as custas desta apelación. A presente sentencia é firme e contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

E líbrese ó xulgado expresado certificación desta resolución con devolución das dilixencias que remito para a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo na Coruña o 24 de xaneiro de 1994.

E para que lle sirva de notificación a Tomás Fontán Portela e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1995.

Rubricado