Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.914

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (89 e 264/1992).

Esther Couto Rivas, secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, certifico que nos autos de xuízo de cognición nº 89 e 264/1992-acumulados, recaeu a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ordes o vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e catro. Vistos por María Luísa Cardesín Díaz, xuíza de primeira instancia e instrucción deste partido xudicial, os presentes autos de xuízo de cognición, rexistrados baixo o nº 89 e 264/1992, por instancia de Jesús Juncal Becerra e a súa esposa María Esther Pena Liste, maiores de idade, veciños de Tordoia, con domicilio na parroquia de Santa Eulalia de Gorgullos, lugar de Pintán, representados polo procurador Avelino Calviño Gómez e asistidos polo letrado Óscar Méndez Fernández, contra Antonio Muíño Liste, con domicilio en Tordoia, lugar de Castro, da parroquia de Santa Eulalia de Gorgullos, representado pola procuradora Ana María González Gancedo e asistido do letrado José Manuel Piñeiro Amigo; no xuízo de cognición nº 264/1992, por instancia de Jesús Juncal Becerra e a súa esposa María Esther Pena Liste, veciños de Tordoia, con domicilio en Gorgullos-Pintán, representados polo procurador Avelino Calviño Gómez e

asistidos do letrado Óscar Méndez Fernández; contra Antonio Muíño Liste, con domicilio en Tordoia, Gorgullos-Castro, representado pola procuradora Ana María González Gancedo e asistido do letrado José Manuel Piñeiro Amigo e contra

Manuel, María, Manuela, José, Antonia, Estrella e Jesús Muíño Liste, en rebeldía, e contra herdeiros de José María Recarey Balboa, en rebeldía; versando sobre reclamación de cantidade.

Decido que, desestimando integramente a demanda rectora desta lite formulada polo procurador Avelino Calviño Gómez, en nome e representación dos cónxuxes Jesús Juncal Becerra e María Esther Pena Liste, contra Antonio Muíño Liste, representado pola procuradora Ana María González Gancedo e contra os demais herdeiros de Ramón Muíño Juncal, declarados en rebeldía, déboos absolver e absólvoos de tódolos pedimentos da mesma; e desestimando a demanda acumulada formulada polo procurador Avelino Calviño Gómez, na mesma representación que a anterior, contra Antonio, Manuel, María, José, Antonia, Estrella e Jesús Muíño Liste e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de José María Recarey Balboa, declarados en rebeldía, déboos absolver e absólvoos igualmente de tódolos pedimentos da mesma; con imposición á parte demandante das custas causadas nesta instancia.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, que se deberá presentar ante este xulgado.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma ós demandados en situación de rebeldía, Manuel, María, Manuela, José, Antonia, Estrella e Jesús Muíño Liste e herdeiros descoñecidos e incertos de José María Recarey Balboa, expido e asino o presente edicto en Ordes, o trece de xuño de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA