Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.913

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (61/1993).

Francisco Serrano Arnal, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fago saber:

Que neste xulgado co número 61/1993, se tramita expediente de dominio para a prosecución do tracto sucesivo interrompido, promovido polo procurador Avelino Calviño Gómez, en nome e representación de María Manuela Barbazán Ramos, acordándose a citación de Consuelo Novo Jiménez, de quen pro

cede o predio, e a José Novo Míguez, a nome do cal está catastrado o predio, ambos en ignorado paradoiro, así como ás persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que calquera deles poida comparecer ante este xulgado para alega-lo que conveña ó seu dereito, dentro do prazo dos dez días seguintes ó da publicación do presente edicto, baixo apercibimento de recaer sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito.

Predio obxecto de inscrición:

Rústico. Regadío e secaño de cincuenta e nove áreas e corenta e cinco centiáreas, das que noventa centiáreas son de regadío e cincuenta e oito áreas e cincuenta e cinco centiáreas de secaño, no sitio de Souto, concello de Brión (A Coruña), número 412 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Bastavales. Limita: norte, Concepción Novo Martínez (411); sur e oeste, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria; leste, Balbina Martínez Seoane (413).

Dado en Negreira, 17 de abril de 1995.

A secretaria

Rubricado