Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.913

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (205/1994).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), por providencia do día da data, dictada no expediente de dominio que neste xulgado se segue baixo o número 205/1994, por instancia do procurador Avelino Calviño Gómez, que actúa en nome e representación de José García Fernández, para facer constar no correspondente Rexistro da Propiedade a maior cabida e medidas exactas do seguinte predio:

«Casa de planta baixa e alta no núcleo da vila e municipio de Santa Comba, de setenta e seis metros e doce decímetros e cincuenta centímetros cadrados de extensión; destínase o baixo a garaxe e a planta alta a vivenda; linda: sur, por onde ten a súa fronte e entrada, con rúa que vai ó campo da feira, hoxe rúa Miraflores; ó norte ou costas con terreo de Manuel García Amigo e esposa; ó leste ou dereita, con casa do propio Manuel García Amigo e esposa, separada de parede medianeira, hoxe de Dolores e Aurea García Fernández; e o oeste ou esquerda entrando, con casa de Segunda Mourelle, tamén separada por parede medianeira».

A superficie real do citado predio, dentro dos seus lindeiros, é de 105 metros, 12 decímetros e 60 centímetros cadrados, en lugar da extensión que figura no parágrafo anterior.

Polo presente edicto cítase a Vicente Bañeiro, con domicilio descoñecido e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no dito expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, en orde á pretensión formulada.

Conforme co disposto no artigo 201, regra terceira da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise público para os oportunos efectos.

Dado en Negreira o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado