Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.913

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE LORCA

EDICTO (165/1993).

Juan Alcázar Alcázar, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Lorca (Murcia).

Por medio do presente edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma á denunciada, Ana Isabel Ferreira Toribio, que ultimamente tivo o seu domicilio nesa comunidade e na actualidade se atopa en ignorado paradoiro, fáiselle saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 165/1993 sobre ameazas, e no que foron partes, como denunciante Dolores Fernández Santiago, e como denunciados, Fausto Moreno Cano e Ana Isabel Ferreira Toribio, e con intervención do Ministerio Fiscal.

Antecedentes de feito...

Fundamentos de dereito...

Decido que debo absolver e absolvo a Fausto Moreno Cano e a Ana Isabel Ferreira Toribio da falta de coaccións que se lle imputaba, con declaración de custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para coñecemento e resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial de Murcia que corresponda constituído en tribunal unipersonal, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por medio de escrito no que se exporá ó recorrente as súas alegacións e se fixará un domicilio para notificacións.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia e administrando xustiza en nome de El-Rei, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Na súa virtude, cítase, chámase e emprázase a mencionada anteriormente, Ana Isabel Ferreira Tobio, que na actualidade se atopa en ignorado paradoiro, para que compareza nesta secretaría co obxecto de notificarlle a resolución dictada.

E para que lles sirva de notificación ós interesados, expido o presente edicto, que asino en Lorca o dez de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado