Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.912

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de abril de 1995 pola que se convocan certames e mostras xuvenís para 1995.

Advertidos erros na dita orde, publicada no DOG nº 86, do 5 de maio do presente ano, é necesario efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 3.244, no anexo G, apartado III, 2º parágrafo, no referente ó prazo de inscrición, onde di: «antes do nove de xuño de 1995», debe dicir: «antes do 16 de setembro de 1995».

Na páxina 3.244, no anexo G, apartado V, 1º parágrafo, onde di: «A fase final terá lugar en Pontevedra en xuño de 1995», debe dicir: «A fase final terá lugar en Pontevedra no mes de novembro de 1995».