Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.908

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Talleres Rey, S.A. (Tareysa).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Talleres Rey, S.A. (Tareysa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-4-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e pola parte social polo comité de empresa, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de abril de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Talleres Rey, S.A.

Ano 1995

Artigo 1º-Ámbito funcional.

As normas do presente convenio será de aplicación a tódolos traballadores da empresa.

Artigo 2º-Normas complementarias.

En todo o non pactado expresamente neste convenio; será de aplicación a Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixetes.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor ó se produci-la súa publicación no BOP e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 1995. Non obstante, os aspectos salarias retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 1995.

Ó termo da vixencia temporal do presente convenio e, mentres non se substitúa por un novo, quedará vixente o contido normativo del.

Artigo 4º.-Salario.

Durante o ano 1995, e só exclusivamente durante este ano, a empresa comprométese a realizar un aumento salarial do 3,5% sobre os do ano 1994.

Se o IPC fose superior ó 3,5% a empresa aboará a diferencia a fin de ano.

Artigo 5º.-Respecto de dereitos, compensación e absorción.

Respectaránselle a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos que os concedidos por este convenio respecto das materias obxecto de regulación.

Artigo 6º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 10.000 pesetas ó mes, descontándose 200 pesetas por cada día laborable que se falte ó traballo agás nos supostos seguintes:

a) En caso de accidente de traballo.

b) En caso de enfermidade, percibirase os cinco primeiros días laborables descontándose o resto.

c) En caso de hospitalización, mentres dure, incluída convalecencia.

d) Cando a falta ó traballo se deba á utilización de horas sindicais.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Establécese un suplemento salarial por este concepto de 2.200 pesetas mensuais por cada quinquenio de permanencia efectiva na empresa. No cómputo do quinquenio incluirase ó período de aprendizaxe excepto o primeiro ano. Os quinquenios comezarán a devengarse a partir do primeiro do mes en que se cumpra.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias, unha de Nadal e outra de verán, que se farán efec

tivas a primeira delas antes do día 20 de decembro e a segunda antes do 15 de xullo. Consistirán ámbalas dúas nunha mensualidade de salario e antigüidade.

Artigo 9º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades de servicio teñan que se desprazar a municipios distintos a aquel en que radique o centro de traballo, percibirán unha axuda de custo de 3.000 pesetas día ou ben media axuda de custo de 1.500 pesetas.

Os días de saída devengarán idéntica axuda de custo e o de chegada reducirase á metade se pernocta no seu domicilio, a menos que tivese que efectuar fóra as dúas comidas principais.

Artigo 10º.-Xeira de traballo.

Os traballadores afectados por este convenio terán para 1995 unha xeira laboral máxima anual de 1.812 horas de traballo efectivo.

Con data de 31 de decembro, a empresa presentará ós delegados de persoal unha proposta do calendario laboral para o ano seguinte.

Artigo 11º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Para premia-la asistencia e puntualidade establécese un premio ou plus para tódalas categorías de 8.350 pesetas por mes de traballo. Para os efectos de perda do plus fíxase a razón de 334 pcsetas día laborable.

Dada a condición deste premio ou plus:

1. Só se devengará polo día efectivo de traballo.

2. Pérdese o premio ou plus dun día por:

2.1. Unha falta ó traballo.

2.2. Dous atrasos.

2.3. Dúas omisións de control de entrada.

2.4. A ausencia ó traballo (total ou parcial) sen xustificar.

3. Pérdese o premio ou plus do mes por:

3.1. Tres faltas ó traballo (agás por enfermidade).

3.2. Seis omisións de control de entrada.

3.3. Seis atrasos.

3.4. Tres faltas leves.

3.5. Dúas faltas graves.

3.6. Unha falta moi grave.

Para os efectos anteriores considerarase:

1. Atrasos.

1.1. As horas exactas de entrada e saída indicaranse mediante os sinais que a empresa estableza.

Os traballadores deberanse encontrar nos seus postos de traballo ó darse os sinais de principio e fin de xornada.

O feito de non cumprir estes requisitos suporá a consideración de atraso, abandono de posto de traballo ou simulación de presencia doutro traballador.

2. Falta parcial ó traballo.

2.1. Todo control de entrada que exceda de trinta minutos sobre o horario de entrada e saída durante a xornada laboral, agás as causas xustificadas.

Artigo 12º.-Horas extras.

Ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de conformidade cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias: supresión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo por tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perdas de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais: mantemento.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade de que se trate, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente, podendo ser compensadas por un tempo equivalente de descanso, en lugar de ser retribuídas monetariamente, sempre que o traballador o acepte.

A cotización por horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e polas estructurais realizarase de acordo co previsto no parágrafo 2º do artigo 7 do R.D. 1/1985, do 5 de xaneiro e Orde do 15 de xaneiro de 1985.

As partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. Terán a consideración de horas extraordinarias as que se realizan sobre a xornada laboral ordinaria. Aboaranse cun incremento dun setenta e cinco por cento sobre a hora ordinaria.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderalle á dirección da empresa e a libre aceptación ó traballador, agás no referente ás horas extraordinarias estructurais ou debidas a forza maior, das cales a realización será obrigatoria.

Non se terá en conta, para efectos da duración máxima da xeira laboral nin para o cómputo do número das horas extraordinarias, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

A dirección da empresa informará sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando

as causas e, no caso, e conxuntamente co Comité de Empresa ou os delegados de persoal notificarao mensualmente á autoridade laboral para efectos de dar cumprimento ó establecido na normativa vixente sobre cotización á Seguridade Social.

Artigo 13º.-Vacacións.

Establécese un período anual de trinta días naturais de vacacións, retribuídas pola totalidade das percepcións, non obstante este período poderase fraccionar cando a empresa e os traballadores ou os seus representantes así o acorden.

Se ben a empresa se compromete a que tódolos traballadores gocen de quince días de vacacións no período que vai desde o primeiro de xuño ata o trinta de setembro, o dito desfrute realizarase de maneira que non se faga simultaneamente por dous traballadores da mesma sección, entendendo por sección as de mecánica, electricidade, chapa e pintura.

As vacacións deberén gozarse obrigatoriamente dentro de cada ano natural, non podendo ser compensadas en metálico nin acumuladas por anos sucesivos.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

A tódolos traballadores que o soliciten, logo da xastificación da súa necesidade, seralles concedida licencia sen perda de retribución polos motivos e períodos seguintes.

a) Por matrimonio do traballador, catorce días laborables en caso de que un dos cónxuxes sexa o propio traballador e medio día laborable se o fose de irmáns, fillos ou pais.

b) Por nacemento dun fillo, tres días laborables, ampliables a un máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

c) Por falecemento de pais, pais políticos, fillos e irmáns, tres días naturais. En caso do cónxuxe serán tres días laborables ampliables a un máis cando o traballador teña que realizar un desprazamento.

d) Por falecemento de netos, irmáns políticos e fillos políticos, dous días naturais.

e) Por enfermidade grave de pais, pais políticos, avós, fillos e cónxuxe, dous días naturais ampliables de mutuo acordo.

f) Por enfermidade grave de fillos políticos, dous días naturais.

g) Por traslado do seu domicilio habitual, un día laborable.

h) Por tempo necesario para acudir a consulta médica da Seguridade Social co límite de dezaseis horas anuais, xustificándoo adecuadamente.

i) Por asuntos propios, dous días laborables ó ano sen dereito a percepción ningunha.

Artigo 15º.-Percepcións en caso de I.L.T.

Os traballadores en situación de I.L.T. orixinada por accidente laboral ou enfermidade profesional, percibirán unha compensación económica que com

plete a prestación da Seguridade Social, desde o primeiro día da súa percepción ata o cen por cento dos conceptos salariais do convenio máis antigüidade.

Non obstante, a exclusión do suposto de enfermidade común, ámbalas partes comprométense a estudia-los casos de especial gravidade nos que se puidese aboa-lo complemento.

O empresario poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las faltas de asistencia ó traballo, mediante recoñecemento a cargo de persoal médico.

A negativa do traballador ó dito recoñecemento poderá determina-la suspensión do complemento.

Artigo 16º.-Preaviso de cesamento.

Os traballadores que voluntariamente causen baixa na empresa deberán comunicalo cunha antelación mínima de quince días, en caso contrario poderán descontarse da liquidación os días de atraso da notificación.

Artigo 17º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen como máximo á idade regulamentaria de 65 anos percibirán un premio consistente nunha mensualidade se levan na empresa máis de 10 anos de antigüidade, se levasen máis de 20 anos percibirán dúas mensualidades e se levasen máis de 30 anos percibirán tres mensualidades.

Artigo 18º.-Xubilación especial ós 64 anos.

As partes acordan recomendar ós traballadores afectados por este convenio a utilización do sistema especial de xubilación ós 64 anos, ó cen por cento dos dereitos que legalmente lle corresponden, con simultánea contratación doutros traballadores desempregados rexistrados na oficinas de emprego, en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten, por calquera das modalidades de contrato vixente na actualidade, agás as contratacións a tempo parcial, con período de duración en todo caso superior ó ano e tendo ó máximo legal respectivo, sempre e cando legalmente se estableza tal posibilidade de xubilación especial ós 64 anos, en consonancia co antes sinalado, todo iso de acordo co establecido no R.D.L. 14/1981, do 20 de agosto, e normas complementarias.

Artigo 19º.-Seguro de vida.

A empresa concertará unha póliza ou renovará a xa existente, garantindo ós traballadores ou beneficiarios a percepción de 2.000.000 de pesetas en caso de morte, sexa por morte natural ou por accidente, e en caso de invalidez absoluta ou gran invalidez.

Os traballadores que causen alta na empresa durante a vixencia desta convenio serán incluídos no seguro, unha vez que superen o período de proba.

Artigo 20º.-Comisión mixta.

Será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do convenio, coas seguintes funcións específicas:

a) Interpretación auténtica de convenio.

b) Vixilancia de cumprimento do pactado.

c) Seguimento da evolución das relacións entre as partes contratantes.

d) Entender en cantas cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

As resolucións adoptadas de mutuo acordo terán carácter vinculante. En caso de dúbida a comisión elevará a consulta á autoridade laboral competente.

Artigo 21º.-Denuncia.

Con dous meses de antelación polo menos, ó termo da súa vixencia, calquera das partes o poderá denunciar, notificándollo á outra parte por medio de carta certificada ou outra forma fidedigna. As partes comprométense a construí-la Comisión Negociadora no prazo de un mes.