Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao, convocadas por Orde do 24 de xaneiro de 1995 (DOG nº 55, do 20 de marzo), procede, atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección das ditas bolsas, facer pública a relación provisional de beneficiarios. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de beneficiarios das bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao, de conformidade co establecido na base 6.4, e que segundo a orde de puntuación son os que seguen:

Segundo.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira

e Investigación