Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.912

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 5 de maio de 1995 (DOG número 91, do 12 de maio).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante Orde do 5 de maio de 1995 (DOG número 91, do 12 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 5 de maio de 1995.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deba cesar no seu destino, o funcionario está desfrutando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG número 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario así como o daquel no que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

N.R.P.: 3330875546 A2051

Grupo: B

Apelidos e nome: Correa Díaz, Vicente

Código do posto: FAC991000027001015

Posto de traballo: Servicio de Xuventude

Nivel: 28

Localidade: Lugo

Dependencia: Delegación Provincial