Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

CONVOCATORIA de poxa para a adxudicación de obra.

Obxecto.

Constitúe o obxecto do contrato a realización polo sistema de poxa da obra: proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 68.

Tipo de licitación.

O tipo de licitatión, igual ó orzamento de contrata que figura no proxecto, e no que vai incluído o imposto sobre o valor engadido, ascende á cantidade de setenta e tres millóns cincocentas cincuenta e dúas mil oitocentas dúas pesetas (73.552.802 ptas.), realizándose a mellora mediante baixa respecto a el.

Fianzas.

Para tomar parte na poxa deberá depositarse fianza provisional na Tesourería municipal equivalente ó 2% do orzamento de licitación. A garantía definitiva será equivalente ó 4% daquel.

Financiamento das obras.

As obrigas económicas que se deriven do cumprimento deste contrato para a Administración aten

deranse con cargo á aplicación orzamentaria 432.601.

Capacidade para contratar.

Poderán participar por si ou por medio de representantes legais, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade para obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 9 da Lei de contratos do Estado, e lexislación concordante.

Poderá tamén contratarse con agrupacións de empresas de acordo co artigo 10 da L.C.E. e 26 e 27 do seu regulamento.

Clasificación do contratista.

Para contrata-la execución da obra de acordo co establecido no artigo 98 da Lei de contratos do Estado, segundo a nova redacción dada polo Real decreto lexislativo 931/1986, do 2 de maio, será requisito indispensable que o contratista posúa a seguinte clasificación:

Grupo A, subgrupo 2, categoría B.

Grupo C, subgrupos 2, 4 e 6, categoría B.

Grupo E, subgrupo 1, categoría C.

Grupo G, subgrupo 4, categoría C.

Grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría C.

Grupo K, subgrupo 6, categoría B.

Proposicións e documentación complementaria.

1.-As proposicións para poder tomar parte na licitación, presentaranse nas oficinas municipais ata as trece trinta horas dentro do prazo de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial del Estado.

2.-As proposicións presentaranse en dous sobres pechados, A) e B), que poderán estar lacrados, asinados polo licitador ou o seu representante, nos que figurará ademais do nome e apelidos ou razón social del, o seguinte lema: sobre A) proposición para tomar parte na poxa pública da obra: proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 68.

3.-Modelo de proposición.

D/Dª..., veciño/a de..., con domicilio en..., teléfono... de profesión..., provisto/a de DNI nº..., en nome propio (ou en representación de..., con DNI nº... ou CIF nº.... con domicilio en..., teléfono..., que acredito con escritura de apoderamento debidamente verificada en canto a suficiencia e que achego), comprométome a realiza-las obras de..., no prezo de..., (en letra e en número) IVE incluído, que supón unha baixa de..., de acordo co proxecto técnico e prego de condicións económico administrativas aprobado pola corporación e que acepto integramente. Lugar, data e sinatura.

4.-Os licitadores presentarán xunto co modelo de proposición e en sobre á parte, no que figurará ademais do nome e apelidos ou razón social do licitador ou o seu representante, o seguinte lema: sobre B): documentación: proposición para tomar parte na poxa pública da obra: proxecto de urbanización da

unidade de actuación nº 68, os documentos acreditativos da personalidade e capacidade que se indican no prego.

5.-Coa documentación sinalada anteriormente, presentarase por separado e fóra dos devanditos sobres, o documento que acredite a constitución da fianza provisional na Tesourería municipal, equivalente ó dous por cento do orzamento de licitación.

Apertura de plicas e adxudicación.

A apertura de proposicións terá lugar na Casa do Concello ás doce horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo da súa presentación, agás se coincide en sábado, tendo lugar, neste caso, a apertura, o seguinte día hábil, á mesma hora indicada.

Cualificados previamente os documentos presentados en tempo e forma, a mesa procederá en acto público á apertura das proposicións admitidas, acordando a adxudicación provisional do contrato ó mellor licitador que reúna as condicións esixidas no presente prego. En caso de empate haberá que aterse ó disposto no artigo 105 do Regulamento de contratos do Estado.

Dentro do prazo de 20 días seguintes á data de adxudicación provisional, a corporación procederá a resolver sobre a validez ou nulidade do devandito acto e, no caso de declaralo válido, procederá á adxudicación definitiva da poxa.

Formalización do contrato.

O contrato que se deriva da presente licitación formalizarase en documento administrativo na data que sinale a Administración contratante, de acordo coa lexislación vixente.

Gastos.

Serán de conta do adxudicatario tódolos gastos que se deriven da licitación.

Consulta de documentos.

O proxecto e o prego de codicións poderán ser consultados polos interesados nas oficinas municipais durante o prazo previsto para a presentación de propostas.

Culleredo, 10 de abril de 1995.

Carlos Martínez Rego

Alcalde en funcións