Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o día vinteseis de maio de mil novecentos noventa e cinco, aprobou os pregos de condicións económico-administrativos e técnicos, por medio de concurso (2º) para a xestión do servicio «fogar da 3ª idade» e «axuda a domicilio», do Pazo de Arenaza, sito en Iñás, termo municipal de Oleiros.

De conformidade co artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, queda exposto

ó público durante o prazo de oito días hábiles, para efectos de presentación de posibles reclamacións.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presentasen reclamacións, anúnciase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto do contrato: o Concello de Oleiros, convoca concurso que ten como obxecto a concesión administrativa da prestación do servicio «fogar da 3ª idade» e «axuda a domicilio».

Canon da concesión: será o que propoña o concesionario na oferta que presente.

Retribucións do concesionario: consistirá no cobro das tarifas ós usuarios e nas achegas do concello a través de dúas subvencións de importes máximos, 21.000.000 para financia-la prestación do servicio «fogar da 3ª idade» e «axuda a domicilio».

Prazo: o prazo da concesión será de tres anos, podendo ser prorrogado de dous anos en dous anos sucesivos a solicitude do concesionario ata un máximo de once anos, engadindo o período inicial e as súas prórrogas. O prazo da concesión computarase a partir da formalización do contrato.

Prego de condicións: poderanse recoller na oficina de contratación deste concello, das 9 ás 13 horas.

Garantía provisional: 1.950.000 ptas.

Garantía definitiva: consistirá no 3% do valor do inmoble do servicio público ocupado, ascendendo a 3.900.000 ptas.

Proposicións: as proposicións en sobre pechado e reintegradas con timbre municipal de 10.600 ptas., para poder tomar parte na licitación, presentaranse no rexistro xeral do concello das 9 ás 13 horas. O prazo de presentación será de trinta días hábiles, a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio nos boletíns oficiais (BOP e DOG).

Apertura de plicas: a apertura de plicas celebrarase no salón de reunións do concello, sito no primeiro piso, ás 12 horas do día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de plicas. No suposto que fose sábado entenderase prorrogado o acto ó seguinte día hábil.

Oleiros, 11 de xuño de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde en funcións