Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 23 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica o contido das resolucións dos recursos de reposición que afectan os contribuíntes que se citan (Antón Prol, Isolino e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que se relacionan no anexo.

O Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, en aplicación do artigo 46.2º en relación co 14.7º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pór en coñecemento dos interesados que se indican o contido das resolucións dictadas por este servicio, á vista do recurso de reposición que interpuxeron as persoas que se citan, dado que a dita resolución afecta os suxeitos pasivos que aquí indicamos.

Contra esta comunicación non cabe ningún recurso.