Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na rúa Ecuador, 40-1º, de Vigo, para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 88, do 9 de maio),

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das necesidades do servicio existente e a urxencia de dispor do local, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na rúa Ecuador, 40-1º, de Vigo, para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Seeretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda