Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.706

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (11/1994).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo número 11/1994, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que di así:

«En Padrón o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de executivo, seguidos neste xulgado co número 11/1994, nos que son parte, como demandante Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, e asistido polo letrado Ángel María García Fernández; e como demandada, Anymar, S.L., Antonio Martínez Blanco e herdeiros descoñecidos e incertos de María Rodríguez González, declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Anymar, S.L., Antonio Martínez Blanco e herdeiros descoñecidos e incertos de María Rodríguez González, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a

cantidade de 1.929.343 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e das custas; ó pagamento disto debo condenar e condeno a parte demandada».

E para a súa publicidade e para que lle sirva de notificación ó demandado non comparecido, herdeiros descoñecidos e incertos de María González, expido o presente edicto en Padrón o vintecinco de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado