Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.705

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación de remate (311/1993).

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo número 311/1993, promovidos por BBV Leasing, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli-A

tanes, contra Miguel Rodríguez Blanco e María del Rocío González García, os cales faleceron, en reclamación de cantidade de 3.359.747 ptas., como principal, e a de 1.600.000 ptas. que se calculan para xuros e custas; por providencia da data 24-4-95, por ignorarse os herdeiros descoñecidos e incertos dos expresados demandados e sen o previo requirimento de pagamento, acordouse o embargo dos seguintes bens:

1. Camión marca Nissan, modelo L-60, matrícula C-2291-AS.

2. Vehículo marca Renault, modelo R-12, matrícula C-0182-X.

3. Casa de planta baixa e piso, na rúa Herreros, 5 de Padrón.

Acórdase, así mesmo, verifica-la citación de remate por medio do presente edicto, na forma previda polo artigo 269 da Lei de axuizamento civil e concédeselles ós herdeiros descoñecidos e incertos de Miguel Rodríguez Blanco e de María del Rocío González García o termo de nove días para que se constitúan en parte nos referidos autos e se opoñan á execución, se lles conviñer, significándolles que están ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Dado en Padrón o vintecinco de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado