Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último domicilio coñecido que se sinala, para que procedan a aporta-los documentos aquí referenciados.
Co fin de proseguir na tramitación dos expedientes que se citan, o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, sita na praza de Compostela nº 26 de Vigo, de conformidade co artigo 35 da Lei xeral tributaria, requíreas para que no prazo de quince días, contados desde o seguinte á data
de publicación desta cédula, aporten os documentos aquí enumerados e así poder proseguir na tramitación dos expedientes de referencia. Transcorrido o prazo, sen que se cumpra co trámite, procederemos á imposición de sancións previstas na Lei xeral tributaria, sen prexuízo, se é o caso, do inicio do oportuno expediente de investigación,
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA