Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.643

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000548/95 interposto por María Dolores Vidal Quirico.

O 5 de abril de 1995, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000548/95, interposto por María Dolores Vidal Quirico, contra resolución da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 24-2-1995, sobre denegación de solicitude de habilitación en educación especial: pedagoxía terapéutica.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala; o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Orde-

nación Universitaria