Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 13 de xuño de 1995 pola que se determina a finalización do prazo de presentación de solicitudes ó abeiro do Decreto 142/1992, do 5 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas unifamiliares no medio rural de Galicia.

O Decreto 142/1992, do 5 de xuño, adapta as axudas autonómicas para rehabilitación da vivenda rural ó novo marco do Plan de Vivenda 92-95, constituído polo Real decreto 1932/1991, como unha liña máis de axuda entre as previstas para a vivenda con carácter permanente ata o ano 1995.

No momento presente as solicitudes presentadas desde a apertura da convocatoria superan os obxectivos inicialmente previstos para este plan.

Por esta razón e en virtude do determinado no artigo 13 do citado decreto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do sinalado no artigo 13 do Decreto 142/1992, o prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de xuño de 1995.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda