Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.643

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de comercio de materiais de construcción.

Visto o contexto do acordo asinado o día 29 de marzo de 1995, pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de comercio de materiais de construcción (código 2700175), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Construcción e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e USO, mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 1995, no ámbito dos referidos convenios, así como a revisión salarial por aplicación da cláusula de garantía, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios colectivos desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 27 de abril de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Este calendario laboral foi confeccionado tendo en conta as festas locais de Lugo Municipio (28 de febreiro e 5 de outubro), no resto dos municipios da provincia, deberán ser substituídas as ditas datas polas propias do seu respectivo municipio.

Este calendario aplicarase conforme o artigo 14.2º do vixente convenio colectivo, e terá en conta que a xornada para 1995 será de 1776 h. efectivas, polo que, para o axuste da xornada ó convenio, en cada empresa o traballador terá dereito á oportuna reducción, ben sexa en concepto vacacional ou como tres días opcionais. En ámbolos supostos a retribución xirará en función do previsto para un día ordinario. A elección dunha ou doutra modalidade, así como o dos citados días libres, realizarase sempre de común acordo entre os traballadores e a dirección da empresa de que dependan.

Importe da paga a aboar en proporción ó tempo

efectivamente traballado no ano 1994 ós traballadores

afectados polo convenio de comercio de materiais de

construcción e saneamento por aplicación do 0,8% en

concepto de exceso de incremento do IPC sobre as

previsións adoptadas no seu día, ás táboas de

retribucións vixentes o 31-12-1993.