Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución de instalacións eléctricas. (Expediente nº 52370).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 86/1995, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo de 1995), dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV e centro de transformación en Seoane, no concello de Lousame, das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004-A Coruña; faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles efectuará notificación para tal efecto, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo o día 5 de xullo de 1995, a partir das 12 horas, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións, contidos na rela

ción publicada no BOP da Coruña do 27 de agosto de 1994.

Advírteselles ós interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de emenda, posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 25 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña