Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación e imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución do proxecto 26/1992 A.T.

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, en representación de Red Eléctrica de España, S.A., a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía électrica, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento, transcríbese a seguir a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera cómpre a expropiación para a execución do seguinte proxecto denominado: liña eléctrica a 400 kV Mesón-Lindoso (variante entre os apoios numeros 99 e 177, nos concellos de Vila de Cruces e Silleda, autorizada pola Dirección Xeral de Enerxía do Ministerio de Industria, en virtude

da Resolución do 31 de xaneiro de 1990 e declarada de utilidade pública por Resolución do 2 de decembro de 1994, por acordo do Consello de Ministros (Expte. número 26/1992 A.T.).

Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do devandito regulamento calquera persoa, dentro dos quince días seguintes á última publicación deste anuncio, que terá lugar no Boletín Oficial del Estado, BOP, no Diario Oficial de Galicia e no xornal local de maior circulación así como ós interesados en igual prazo, ós que se lles enviará notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do dito regulamento. Para eses efectos estará exposto o expediente, co proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, r/ Gran Vía, 76 en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán instar, a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Vigo, 29 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra