Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

CONVOCATORIA de poxa.

Aprobado en sesión plenaria do 4 de maio de 1995 o proxecto da obra de enlace rede abastacemento

polígonos Airios-Penapurreira, 1ª fase, o Concello das Pontes de García Rodríguez convoca licitación por poxa conforme o prego de condicións aprobado pola corporación en sesión do 28 de maio de 1993, que en resumo di:

Obxecto do contrato: é a execución da obra de enlace rede abastecemento polígonos Airios-Penapurreira, 1ª fase, cun orzamento de 54.665.325 ptas., segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro municipal Marcelino López Méndez.

Prazo de execución: o prazo establecido no proxecto para a execución da obra é de catro (4) meses.

Tipo de licitación: sinálase o importe do proxecto da obra, que queda referido no primeiro punto.

Clasificación do contratista: o contratista estará en posesión da seguinte clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Proposicións: presentaranse debidamente reintegradas e en dous sobres pechados, un de documentación, no que se poñerá: «Proposición para tomar parte na poxa das obras de enlace rede abastecemento polígonos Airios-Penapurreira, 1ª fase presentada por... ». O licitador (asinado e rubricado), e outro coa oferta económica no que se poñerá: «Proposición para tomar parte na poxa das obras de enlace rede abastecemento polígonos Airios-Penapurreira, 1ª fase presentada por...». O licitador (asinado e rubricado). O modelo de proposición será o seguinte:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., DNI nº..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de... ) solicita tomar parte na contratación por poxa convocada polo Concello das Pontes de García Rodríguez para a execución das obras comprendidas no proxecto de... facendo constar:

1) Que ofrece o prezo de.... ptas. que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións. En..., .... de... de 199... O licitador, asinado.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: presentaranse nas oficinas municipais dentro do prazo de vinte días hábiles a contar do día seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG, en horas de nove a trece.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do 5º día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. Se rematase o prazo en sábado concluirá o prazo o día hábil seguinte.

Fianza provisional: presentarase cos sobres referidos no punto 5º e fóra deles o documento acreditativo de que se constituíu a fianza de 1.093.307 ptas.

As Pontes de García Rodríguez, 8 de maio de 1995.

Aquilino Meizoso Carballo

Alcalde-presidente