Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.618

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (328/1994).

María Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. Dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 328/1994 se dictou requisitoria do teor seguinte:

«Pola presente e en xuízo de faltas número 324/1994, seguido neste xulgado sobre resistencia e desobediencia, requírese e cítase a Manuel Alberto Carvalho Noronha Martines, natural de Portugal, nacido o día 1 de setembro de 1955, fillo de Manuel e de Inés do Nascimento, cun último domicilio coñecido sen domicilio fixo, para que no prazo de dez

días contados a partir do seguinte ó que esta requisitoria apareza inserida no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados do 24 de novembro de 1994, penas de multa de 5.000 ptas. por falta do artigo 570-2º, e falta do artigo 582-1º, do Código Penal con cinco días de arresto menor e indemnice a José Antonio Mourelos García en 10.000 ptas. por danos morais e lesións.

Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que tan pronto como teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación perante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza».

Para que conste, para a súa publicacion no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de citación e requirimento ó penado Manuel Alberto Carvalho Noronha Martines, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela, tres de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA