Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.618

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (315/1994).

María Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. Dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 315/1994 se dictou requisitoria do teor seguinte:

«Pola presente e en xuízo de faltas número 315/1994, seguido neste xulgado sobre danos, requírese e cítase a Alberto Agrasar Cruces, natural de Teo, A Coruña, nacido o día 9 de decembro de 1946, fillo de Alberto e Elena, con último domicilio coñecido na rúa Santiago de Chile nº 13, edificio Zafiro, 6º P, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó que esta requisitoria apareza inserida no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados do 29 de novembro de 1994, penas de multa de 50.000 ptas. e indemnice a Trapsa en 28.000 ptas.

Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que tan pronto como teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación perante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza».

E para que conste, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de citación e requirimento ó penado Alberto Agrasar Cruces, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela, tres de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado