Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.618

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (216/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo de divorcio co nº 216/1994, nos autos do cal recaeu a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo de divorcio nº 216/1994, promovidos por instancia de Josefa Molina Cifuentes e na súa representación a procuradora dos tribunais Fernández Rial e López contra José Arán Domínguez e con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Josefa Molina Cifuentes e José Arán Domínguez.

Dada a natureza do procedemento non se fai expresa condena en custas. Firme esta resolución comuníquese de oficio ó Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado a partir da súa notificación.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó demandado José Arán Domínguez, actualmente en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado