Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (310/1993).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, certifico que nos autos a que logo se fará mención se dictou sentencia de remate cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Leonor Castro Calvo, a maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e do seu partido, os presentes autos de xuízo executivo número 310/1993, promovidos polo Banco Zaragozano, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes e defendido polo letrado A. J. Núñez Noya, contra Ángel de Martín Otero e Alberto S.T. Fernández Iglesias, declarados en rebeldía, sobre reclamación de certa cantidade.

Decido que debo mandar e mando seguir a execución adiante, ata facer remate nos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse ós debedores Ángel de Martín Otero e Alberto S.T. Fernández Iglesias, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de tres millóns duascentas trinta e unha mil oitocentas setenta e cinco pesetas (3.231.875 ptas.) de principal, máis

un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.) calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose a orixinal no libro de sentencias.

Contra esta resolución cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, a contar desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ós demandados na forma e modo que a lei prevén para os rebeldes, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza».

Publicación. A anterior sentencia foi pronunciada, lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no mesmo día da súa data, por ante min, o secretario xudicial. Dou fe. Asinado e rubricado, Camilo José García-Puertas Magariños, secretario.

Para que así conste e para os efectos da súa inserción no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación en forma ó demandado Ángel de Martín Otero, en rebeldía e paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado