Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (297/1991).

En virtude do disposto pola xuíza substituta do xulgado número dous desta cidade, no expediente promovido polo procurador Caamaño Queijo, en nome e representación da Sociedade Mercantil Ibergaliza, S.A., con domicilio social en Santiago de Compostela, r/ Frei Rosendo Salvado 13, por medio do presente edicto faise público que por auto do día da data se declarou o debedor en estado de suspensión de pagamentos e insolvencia provisional.

Acórdase a convocatoria á Xunta Xeral de Acredores, que se celebrará neste xulgado o día 19 de xuño do presente ano, ás dez horas na sala de audiencias deste xulgado, facéndose extensiva a publicidade da convocatoria ós acredores que non poidan ser citados na forma ordinaria ou non sexan encontrados no seu domicilio por medio do presente edicto.

En Santiago de Compostela o vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A xuíza

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA