Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (444/1993).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela. Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo verbal civil 444/1993, que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado baixo o número 444/1993, por instancia de Jesús Braña Vázquez, maior de idade, veciño de Teo, con domicilio en Cacheiras-Porcelas, representado polo procurador Regueiro Muñoz, e coa asistencia técnica do letrado Fernández Rodríguez, contra Santiago Cases Viedma, maior de idade, veciño de Valencia, con domicilio na rúa Dr. Sanchís Sivera, número 25, en situación procesual de rebeldía, e a compañía de seguros Iberia, Cía. Anónima de Seguros, con delegación en Santiago de Compostela, rúa Ramón Piñeiro, número 4, representada polo procurador Barreiro Fernández, e coa asistencia técnica do letrado Ferreiro Casal; e os autos número 563/1993, acumulados ós anteriores,

promovidos por instancia de Iberia, Cía. Anónima de Seguros, contra Jesús Braña Vázquez, e a Cía. de Seguros Athena-Dapa, con delegación en Santiago de Compostela, rúa Ramón Cabanillas, número 14, en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda, co número de autos 444 de 1993, interposta pola representación de Jesús Braña Vázquez, contra Santiago Cases Viedma, e a entidade Iberia Cía. Anónima de Seguros Generales, con imposición ó actor das custas causadas.

E debo desestimar e desestimo a demanda, seguida co número de autos 563 de 1993, interposta pola representaci6n de Iberia Cía. de Seguros Generales, contra Jesús Braña Vázquez e a Cia. de Seguros Athena-Dapa, con imposición ó actor das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ós demandados rebeldes na forma prevista nos artigos 769, en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poderse levar a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma

á parte demandada, en situación procesual de rebeldía, Santiago Cases Viedma, que tivo o último domicilio coñecido en Valencia, rúa Dr. Sanchís Silvera, número 25, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 8 de maio de 1995.

Rubricado